CRTVG

Buscar

Feijóo: "O cambio na prórroga de Ence podería afectar a conserveiras ou bateas"

Publicado o 30/03/2019 15:28

Alberto Núñez Feijóo advirte dos cambios nas prórrogas das empresas que están en dominio público marítimo, como o caso de Ence. Nun acto co sector pesqueiro organizado polo Partido Popular de Galicia, Feijóo asegurou que lle preocupa o futuro de conserveiras que poden estar na mesma situación da pasteira.

Nun acto con confrarías, mariscadores, armadores e empresas da industria pesqueira, Feijóo dixo que lle preocupa que depuradoras, conserveiras ou bateas queden na mesma situación en que está agora Ence.

Se se interpreta esa lei do mesmo xeito que se está interpretando para a pasteira, automáticamente se pode empezar a cuestionar se a concesión das bateas a 50 anos é legal ou non", afirmou.

O presidente do PPdeG defendeu que o seu partido ten unha política pesqueira fronte aos que queren facer, afirmou, política coa pesca.

"Non temos máis interese que conseguir máis cartos para mellorar os portos; que a xente do mar navegue con máis seguridade e que acadar máis cotas", dixo.

E para iso, segundo Feijóo, cómpre un sector unido.

Noticias web

30/03/2019