CRTVG

Buscar

Feijóo: "O BNG, con Torra e Bildu, non representa a Galicia"

Publicado o 25/10/2019 20:54


Alberto Núñez Feijóo asegura que o BNG non representa a Galicia. Díxoo esta tarde nun mitin do Partido Popular en Ribadavia. O líder popular coida que a sinatura dos nacionalistas galegos co presidente Torra e os independentistas vascos de Bildu a prol da autodeterminación, desautorízaos como representantes do pobo galego.

Neste acto con candidatos do PP ás eleccións xerais por Ourense, Feijóo recalcou que os independentistas, aos que abraza o Bloque, son socios dos socialistas en ducias de concellos e deputacións españolas e que o propio Bloque Nacionalista Galego é socio de goberno dos socialistas galegos en municipios e gobernos provinciais de Galicia mentres reclama a independencia.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/10/2019