CRTVG

Buscar

Feijóo: "Non era mal momento para deixar os deputados do PSOE liberdade de voto"

Publicado o 07/01/2020 13:39

Alberto Núñez Feijóo cre que o novo Goberno non ten Galicia entre as súas prioridades. O presidente da Xunta defende, ademais, que tal como foi a investidura é normal que algúns socialistas tivesen dúbidas e que deberían votar en conciencia do que consideran máis oportuno.

"Non é un mal momento para deixar liberdade (de voto) aos deputados, porque non estamos diante dunha investidura ao uso. O que si é certo, despois de ver a actitude do BNG, é que vale todo para apuntalar un Goberno que na miña opinión non ten Galicia entre as súas prioridades".

Noticias web

07/01/2020