CRTVG

Buscar

Feijóo no aniversario da primeira vitoria electoral: "Sempre quixen ser presidente de Galicia"

Publicado o 01/03/2020 15:01

O Partido Popular de Galicia celebra os once anos de Alberto Núñez Feijóo no goberno da Xunta. Un acto en Ourense no que Feijóo asegurou que o seu compromiso con Galicia está máis vixente ca nunca.

Nova sintonía para celebrar o aniversario da primeira victoria electoral Feijóo, pero na letra a protagonista a mesma palabra das últimas campañas: Galicia, porque o seu compromiso co páis, dixo, segue vixente.

"Os galegos saben que dende aquel 1 de marzo non fixen outra cousa que cumprir co meu deber."
Agradeucelles a Rajoy e Casado que lle ofreceran outras responsabilidades, pero el, asegura, só se debe aos galegos.

"Eu non quixen optar a ser ministro do Goberno de España. Grazas, presidente Rajoy. Porque quería ser presdiente de Galicia. Eu non quixen presentarme para optar á presdiencia do PP, porque quería ser presidente de Galicia".

Reivindicou as siglas do seu partido, pero insistiu que o primeiro é o servizo aos cidadáns.
"Por iso sempre acabamos igual, querido Pablo (Casado): Galicia, Galicia, Galicia e por cuarta vez Galicia. Imos alá", rematou o mitin Feijóo.

Noticias web

01/03/2020