CRTVG

Buscar

Feijóo di que leva dous anos reclamando que se lle facilitase a Alcoa electricidade a un prezo xusto

Publicado o 29/05/2020 14:54

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, insiste en que leva dous anos reclamando que se lle facilitase a Alcoa electricidade a un prezo xusto para ser competitiva e manter o emprego.

Segundo Feijóo, "viñémosllo dicindo desde hai anos ao Goberno de Rodríguez Zapatero, ao Goberno de Rajoy e ao Goberno de Sánchez". Asegura que cos gobernos de Zapatero e Rajoy "buscamos solucións para que Alcoa puidera operar e co Goberno do actual presidente Pedro Sánchez non atopamos nin a máis mínima intención do Goberno para que Alcoa siga operando".

 

 

Noticias web

29/05/2020