CRTVG

Buscar

O PPdeG incorpora todos os conselleiros nas listas do 5-A

Publicado o 03/03/2020 14:51

• Un ex-delegado de Ciudadanos irá como suplente

• Feijóo: "Ourense está mellor que hai once anos"

O Partido Popular de Galicia pechaba as súas listas de cara ás eleccións do 5 de abril, que incorporan todos os conselleiros do Goberno galego. Alberto Núñez Feijóo encabeza a lista de Pontevedra seguido de Corina Porro. En Lugo, Elena Candia abre candidatura e incorpórase no segundo posto o actual conselleiro de Economía, Francisco Conde. Marisol Díaz e o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, ocupan os dous primeiros postos en Ourense. Finalmente a da Coruña estará encabezada pola conselleira Ángeles Vázquez, seguida do presidente provincial dos populares, Diego Calvo.

Un ex-delegado de Ciudadanos incorpórase de suplente

Juan José Chouza ocupará a primeira suplencia pola Coruña. Faino a título persoal e sen ningunha esixencia.

As negociacións para pechar unha lista entre o Partido Popular de Galicia e Ciudadanos fracasaron, segundo transcendeu nas últimas horas, polas esixencias da formación laranxa, que reclamaba catros postos de saída, asesores propios e mesmo unha consellería.

O ex-delegado de Ciudadanos en Galicia está convencido de que moitos afiliados e simpatizantes están de acordo coa unión dos partidos.

Noticias web

03/03/2020