CRTVG

Buscar

O equipo de goberno do cuarto mandato de Alberto Núñez Feijóo toma hoxe posesión

Publicado o 07/09/2020 07:52

Como se agardaba, haberá pouca remuda de conselleiros. Só cambian dúas caras, ao saíren os resposables de Sanidade e Educación. E aínda que se manteñen en once as consellerías, hai cambios na estrutura. 

A foto do equipo con que Alberto Núñez Feijóo empeza a súa cuarta lexislatura será moi semellante a esta tomada en setembro de hai dous anos, cando fixo a útima remodelación de Goberno. Seguen todos os conselleiros agás o titular de Sanidade, Xesús Vázquez Almuíña, que será subsituído por Julio García Comesaña.

Tamén sae do executivo Carmen Pomar, ata agora responsable de Educación, e recupera a carteira Román Rodríguez, que será desde este luns responsable de Cultura, Educación e Universidades. Turismo dependerá da vicepresidencia primeira, que seguirá en mans de Alfonso Rueda. As outras novidades da nova estrutura da Xunta son a creación dunha segunda vicepresidencia, que asumirá Francisco Conde, conselleiro a partir de agora de Economía, Empresa e Innovación.

Emprego terá consellería propia. A súa titular será María Jesús Lorenzana, a segunda cara nova no equipo do presidente. Valeriano Martínez mantense en Facenda; Ángeles Vázquez, en Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; Ethel Vázquez, en Infraestruturas; Fabiola García, en Política Social; Xosé González, en Medio Rural, e Rosa Quintana, en Mar. Ela e Alfonso Rueda son os únicos que se manteñen en todos os gabinetes que nomeu Feijóo desde que chegou á Xunta en 2009.

Noticias web

07/09/2020