CRTVG

Buscar

Feijóo e Zahera, dous 'presidentes' nunha felicitación de Nadal

Publicado o 20/12/2019 12:28

A felicitación de Nadal deste 2019 do presidente da Xunta ten forma de vídeo, en que se pode ver unha conversa entre dous 'presidentes': Alberto Núñez Feijóo e Luis Zahera.

 

Na primeira entrega: imaxes nada habituais do presidente. Colocando o nó da gravata fronte ao espello e acompañado. Unha segunda persoa entra en escena. Sesión de peiteado. E máis intriga.

Está discutindo Feijóo? Vídeos que o presidente colgou nas redes sociais. " Bueno, se preguntas a uns dirán que eu son un “facha”, pero se preguntas a outros, sabes o que din? Que son un “roxo nacionalista perigoso”

E reflexionan sobre a inestabilidade da política española. "Deixádenos descansar coas eleccións" Feijóo: Perdoa, en Galicia as eleccións fanse cando tocan, cada catro anos, pero os que fan esas eleccións din que non poden durmir tranquilos. E tamén sobre Galicia. "O de menos é quen, o de máis é sempre Galicia" Ao final do vídeo, Feijóo felicita as festas co actor Luís Zahera. Aparecen os dous en imaxe. Trátanse de irmáns. O parecido é razoable.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí