Feijóo e Garamendi impulsan o diálogo entre administracións, empresarios e sindicatos ante a pandemia
Publicado o 25/02/2021 20:37

O presidente da patronal CEOE, Antonio Garamendi, está en Galicia. Esta tarde foi recibido en San Caetano polo presidente da Xunta canda o presidente dos empresario galegos, Juan Manuel Vieites. No encontro falaron da importancia de que os fondos europeos Next Generation se administren de maneira rápida e útil para a recuperación económica.
Garamendi e Feijóo coinciden en que o diálogo entre administracións, empresarios e sindicatos é imprescindible para adoptar medidas eficientes contra o impacto socioeconómico da pandemia. Unha das propostas da patronal pasa por ceder os espazos de saúde de moitas empresas para axudar coa vacinación.
Máis sobre Galicia
13/04/2021 21:08