CRTVG

Buscar

Feijóo di que o Goberno paga as súas débedas co independentismo e non coas comunidades autónomas

Publicado o 23/01/2020 16:02

O Goberno galego estuda se leva aos tribunais o Goberno central pola débeda que lle reclama ao executivo de Madrid. Feijóo di, mentres estudan esa vía xudicial, que non ten xeito pagarlle as débedas ao independentismo catalán coa reforma do Código Penal, mentres que a outras autonomías se lles nega ata o IVE recadado nos seus territorios.

O presidente da Xunta dixo que "parece que as facturas aos galegos e ao conxunto dos españois non se lles queren pagar, mentres que a outros se lles paga coa modificiación nada menos que dunha lei orgánica, o Código Penal. En democracia isto nunca o viramos".

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/01/2020