CRTVG

Buscar

Feijóo di que o anuncio de PSA acredita que a robotización da industria axuda a manter emprego

Publicado o 04/09/2019 20:10

Para o presidente da Xunta este anuncio de PSA acredita que a robotización da industria non só non destruirá postos de traballo, senón que permitirá manter os empregos. 

Díxoo na inauguración dunhas xornadas sobre automática que se celebran na Escola Politécnica de Ferrol, en que profesores, investigadores e empresas analizan como a tecnoloxía muda os tipos de traballo pero, coinciden con Feijóo, esixe man de obra cualificada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/09/2019