CRTVG

Buscar

Feijóo di que non se van cumprir os prazos do AVE e pide explicacións

Publicado o 24/10/2019 15:16

 O Goberno galego analizou na súa reunión deste xoves o terceiro informe sobre o grao de execución da liña de alta velocidade entre Galicia e a capital de España, e da conexión Lugo-Monforte-Ourense-Madrid, un documento que conclúe que os compromisos adquiridos polo Goberno central en relación á AVE "non se cumprirán".  

"A conclusión lamentable que temos que anunciarlles aos galegos e que non se van cumprir os compromisos que asumíu o Goberno de Pedro Sánchez co AVE a Galicia. É bastante doloroso dar esta información, pero eu non vou ser cómplice de seguir ocultando as datas da chegada da alta velocidade".

O delegado do Goberno insta a Feijóo a "preparar" Galicia para o AVE 

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, instou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a "preparar" Galicia para a chegada do AVE e a non usar a Xunta como "altofalante partidista" do PP.   En declaracións aos medios de comunicación, coincidindo coa súa visita ao centro de xestión onde se prepara a documentación para a xornada electoral do 10 de novembro, Losada cualificou de "moi grave" que o presidente da Xunta asegurase, após analizar o Goberno galego o terceiro informe sobre o grao de execución destas obras, que "non se cumprirán os compromisos adquiridos polo Goberno de Sánchez".   En concreto, reprochoulle o uso da Xunta "de todos os galegos, como altofalante partidista do seu partido". "Paréceme moi grave e inaudito que o señor Feijóo utilice as institucións que son de todos os galegos para facer un mitin do PP".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/10/2019