CRTVG

Buscar

Feijóo di que Galicia "non pode aceptar" o peche da central das Pontes

Publicado o 28/12/2019 20:55

O presidente da Xunta di que o peche da térmica das Pontes é unha noticia que Galicia "non pode aceptar". Fai fincapé en que o anterior Goberno central "se comprometera ao seu mantemento" e que a cambio Endesa fixera un investimento de 200 millóns para adaptarse aos requisitos europeos".
"Das catorce centrais térmicas de España, a das Pontes é a máis potente, a que máis investimento fixo e a que está autorizada pola Unión Europea para seguir como mínimo ata o ano 2030. É a que en ningún caso se pode pechar".

O titular da Xunta cre que apagala pode poñer "en discusión" a "suficiencia e a seguridade enerxética" de España e ter que mercar enerxía a Francia, Portugal ou Marrocos
 "En Marrocos a enerxía que lle mercamos é enerxía producida por centrais térmicas que emiten moito máis CO2 da que emite As Ponte, non podemos caer nesa contradición manifesta"

Feijóo insistiu nas rebaixas impositivas para que cadren as contas..
"O imposto que grava o carbón, que sexa un imposto que desapareza de xeito inmediato" "Non podemos facer un dobre imposto para pagar as emisións de CO2 na UE e outro imposto por queimar carbón na central térmica"

Sobre o campo de acción da Xunta, sinalou que os técnicos do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), xunto con Endesa e Industria, traballan para comprobar cómo se pode substituír o carbón por combustibles alternativos.
"Nos vindeiros xaneiro e febreiro teñamos esas probas finalizadas e saibamos o custo definitivo de substituír carbón por lodos polo menos nun 50%"
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/12/2019