CRTVG

Buscar

Feijóo di que as enquisas amosan unha vitoria clara do PP se non se divide o voto

Publicado o 03/11/2019 14:56

Alberto Núñez Feijóo di que as enquisas amosan unha vitoria clara do PP se non se divide o voto, matizou, en Ciudadanos e Vox.

O líder dos populares galegos pasou a mañá coa militancia en Narón e aproveitou que é domingo para falar con clientes e feirantes do mercado de Santa Cecilia.

Pola súa banda, a número dous do PP por Madrid, Ana Pastor, sinalou hoxe que as mulleres contan cos populares como os mellores aliados para impulsar o emprego feminino e a igualdade de oportunidades.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/11/2019