CRTVG

Buscar

Feijóo di que a Xunta traballa para celebrar as eleccións pero sinala que hai que seguir a evolución

Publicado o 11/03/2020 15:26

• Caballero lembra que houbo eleccións en situacións "moi complexas" como o 11-M

• Pontón pide unha decisión por "consenso" e baixo recomendacións expertas

• Gómez-Reino di que o fundamental é preservar a saúde das persoas

O candidato dos socialistas galegos pediu respectar a convocatoria e fixo unha comparación con outros momentos difíciles para o país, como o dos atentados terroristas do 11-M.

O BNG ponse a disposición do Goberno galego neste asunto, pero solicita unha reunión conxunta de todos os partidos, mesmo para tomar unha decisión respecto do aprazamento.

O candidato de Galicia en Común-Anova Mareas, asegura que o fundamental é garantir a saúde das persoas.

O presidente da Xunta di que o obxectivo é que as eleccións se celebren en prazo, o 5 de abril, pero asegura que seguirán as indicacións das autoridades sanitarias. 

Noticias web

11/03/2020