CRTVG

Buscar

O Estado aínda lle debe 370 millóns de euros a Galicia

Publicado o 04/01/2020 09:27

A Xunta reclámalle 370 millóns de euros. Da débeda total, de 700 millóns de euros, o Ministerio de Facenda só lle pagou a Galicia os cartos das entregas a conta. Os últimos 30 millóns chegaron ás arcas públicas galegas o 30 de decembro, o último día do ano con actividade ordinaria na Administración. O Goberno galego mantén que o Estado lle debe a Galicia 370 millóns de euros máis: 170 polo bo desempeño nos dous exercicios anteriores e 200 polo IVE que a Xunta debeu cobrar en decembro do 2017.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/01/2020