CRTVG

Buscar

O presidente da Xunta convoca o luns os líderes dos principais partidos para abordar a crise do coronavirus

Publicado o 11/03/2020 20:47
O presidente da Xunta convoca o luns os líderes dos principais partidos para abordar a crise do coronavirus

O presidente da Xunta convoca os líderes dos principais partidos políticos en Galicia a unha reunión o próximo luns para analizar a situación do coronavirus.

A cita é para o luns porque o Feijóo quere darlles conta do que se trate o sábado na Conferencia de Presidentes Autonómicos convocada por Pedro Sánchez.

O presidente da Xunta di que fai esta reunión co resto de partidos consciente de que "a unión de esforzos é fundamental nunha crise sanitaria deste calado". O Goberno galego lembra que o conselleiro de Sanidade xa traladou ás formacións a principios desta semana toda a información respecto á xestión levada a cabo por causa do coronavirus. O presidente di que de momento se mantén a cita electoral, pero que o primeiro é a saúde dos galegos.

Noticias web

11/03/2020