CRTVG

Buscar

Feijóo comprométese a formar persoal para fabricar novos modelos en PSA

Publicado o 04/02/2019 20:24

Os novos directivos de PSA-Peugeot Citroën reuníronse esta tarde en Santiago co presidente da Xunta.  O director da planta de Vigo, Ignacio Bueno, e o do Polo Iberico, Juan Antonio Muñoz Codina, falaron co xefe do Goberno galego dos plans da compañía que produce en Galicia o 15 % do total dos coches fabricados en España. Feijóo comprometeuse a acompañar o sector na formación de persoal para a fabricación de novos modelos. Lembrou tamén a necesidade de que o Goberno central cumpra o compromiso de facer unha nova subestación eléctrica que permita abaratar os custos de produción da factoría de Vigo.

 

Noticias web

04/02/2019