CRTVG

Buscar

Feijóo comparecerá o próximo mércores para dar conta da segunda vaga da covid−19

Publicado o 03/11/2020 15:07

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comparecerá o vindeiro mércores no pleno do Parlamento de Galicia para dar conta da situación que atravesa a comunidade na segunda onda da covid−19.

Esta comparecencia, que terá lugar o mércores 11, substituirá as preguntas que deberían ocupar a sesión de control que os portavoces da oposición realizan de forma quincenal ao xefe do Executivo galego.

A comparecencia nun pleno monográfico era unha demanda da líder do BNG Ana Pontón que acabou secundando o voceiro socialista Gonzalo Caballero. Os populares aceptaron incluír esa comparecencia, pero nun pleno ordinario. Tamén lamentaron que o BNG o os socialistas non sexan "tan esixentes" con Pedro Sánchez no Congreso.