CRTVG

Buscar

Feijóo comeza unha viaxe á Arxentina coa pesca e o Xacobeo como protagonistas

Publicado o 15/09/2019 15:32

A primeira parada da viaxe de Feijóo á Arxentina será en Chubut, provincia na que traballan varias pesqueiras galegas. O presidente, xunto coa conselleira do Mar, visitará ao longo desta semana outros portos da Patagonia onde teñen filiais compañías da nosa comunidade como Pescanova ou Iberconsa. Na axenda oficial están previstos encontros cos empresarios pero tamén coas autoridades locais nun momento clave. A Arxentina celebra eleccións presidenciais en outubro e este mes o Goberno impuxo restricións ao cambio de divisas para frear a escalada do prezo do dólar.

"É unha viaxe interesante nun momento delicado para a Arxentina. Os empresarios pedíronnos apoio e imos intentar dar ese apoio ao sector pesqueiro. Á vez imos ter un contacto intenso coa colectividade e presentar o Xacobeo 2021", explicou o presidente.

Na cidade turística de Mar de Plata, Feijóo participará en varios actos para amosar a oferta cultural e gastronómica de Galicia. Visitará ademais varios centros galegos da Arxentina, onde residen máis de 176.000 emigrantes. No Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires celebrará a 30 edición do programa Conecta Galicia, que naceu para reforzar os lazos das xeracións máis novas do exterior co país.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/09/2019