CRTVG

Buscar

Feijóo carga contra o "cumio internacional" de Sánchez e Torra

Publicado o 26/02/2020 20:50

Núñez Feijóo definiu o encontro bilateral entre Quim Torra e Pedro Sánchez como cumio e denunciou a asimetría en trato a Galicia por parte do Goberno central.

"Eses cumios internacionais entre o Goberno de todos e unha parte de España en Cataluña é algo que desacouga aos galegos. É algo desproporcionado e asimétrico. Por iso para nós o modelo de convivencia é Galicia e imos seguir traballando para que este modelo funcione".

Feijóo fixo estas declaracións en Noia, no comezo da rolda do que  no PP chaman "un café co candidato".

Alberto Núñez Feijóo dixo que escoitar a xente é a mellor maneira de manter Galicia fóra do bloqueo e da ruptura da política española. 

Noticias web

26/02/2020