CRTVG

Buscar

Feijóo aspira a revalidar a maioría absoluta como "resistencia" fronte a independentismos

Publicado o 09/03/2020 15:35

Alberto Núñez Feijóo aspira a revalidar a maioría absoluta para que Galicia siga sendo o que chama "a resistencia" fronte a independentismos, populismos e o modelo catalán. Sostén que nas eleccións galegas está en xogo o estado das autonomías.

O presidente da Xunta e candidato do PPdeG á reelección defendeu que a súa formación seguirá traballando aínda que as últimas enquisas dean por feito que os populares manteñen a maioría absoluta.

"Non imos dar o balón por perdido por moito que digan que no marcador a liga está gañada", sentenciou, nun almorzo organizado polo seu partido en Pontevedra.   

Noticias web

09/03/2020