CRTVG

Buscar

Feijóo asegura que os incendios son provocados e agradece o traballo dos que loitan contra as lapas

Publicado o 14/09/2020 14:58

O presidente da Xunta asegura que os incendios son provocados e agradece o traballo dos que loitan contra as lapas.

"A intencionalidade dos incendios en Galicia xa é un clásico. Certo que temos un dos mellores sistemas de extinción de incendios de Europa, e o primeiro que quero facer e agradecer ás brigadas todo traballo que fixeron onte, tamén todo o que fixeron durante toda a noite e o que teremos que seguir facendo hoxe". "Agardo que a temporada (...) siga e finalice con números de hectáreas calcinadas, inferiores á media doutros anos, que en Galicia dicir isto é dicir moito", concluíu Feijóo.

Noticias web

14/09/2020