CRTVG

Buscar

Feijóo, tras falar con Sánchez: "Non teño garantías de nada"

Publicado o 17/12/2019 12:30

O presidente da Xunta agarda que a conversa se materialice en medidas concretas para solucionar asuntos urxentes. Polo de agora o único que hai, di, é o compromiso de Pedro Sánchez de mediar persoalmente cos directivos de Alcoa para manter a factoría de San Cibrao aberta tal e como lle solicitaba Feijóo onte por carta.

"Faltaría ao rigor que se necesita se neste momento digo que teño garantías para os traballadores de Alcoa e Endesa ou para a finalización do AVE", explica Feijóo.

O presidente do Goberno en funcións díxolle a Feijóo que quere avanzar na distensión territorial. O presidente galego retrucoulle que para iso o Ministerio de Facenda debe transferirlles os importes que lles debe ás comunidades autónomas nos vindeiros días.

"Se non paga o que debe a mensaxe está moi clara: non vos respectamos. Entendo que non é posible comezar peor unha lexislatura no eido da organización territorial do Estado. Sería unha declaración sen precedentes de acoso cara ás comunidades leais e cumpridoras". 

A Xunta remitiralle a Pedro Sánchez estes e outros asuntos que considera prioritarios por escrito antes da sesión de investidura.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí