CRTVG

Buscar

Feijóo apela a defender a Constitución e lamenta que "parte do Goberno" queira "derrogala"

Publicado o 06/12/2020 16:06

O presidente da Xunta asistiu este mediodía en Madrid aos actos conmemorativos do Día da Constitución no Congreso dos deputados.

Alberto Núñez Feijóo, en declaracións á TVG, apelou a defender a carta magna como "garante do Estado das autonomías" e "da unidade de España". Feijóo lamentou que "os socios" do Goberno central "nin a respecten, nin a apoien" e que "unha parte" do Executivo queira "derrogala".

"Todos aqueles que cremos na Transición, que cremos nos pactos, que cremos no consenso temos que dicir moi alto e claro que a Constitución é a garantía da unidade de España e a garantía do Estado das autonomías e a garantía do autogoberno de Galicia". "É un momento importante para estar e para comprometerse coa Constitución porque lamentablemente estamos vendo que os que están gobernando en España, os socios do Goberno non están no acto da Constitución porque simplemente nin a respectan, nin a comparten, nin a apoian e porque ademais os que están no Goberno, unha parte como mínimo dese Goberno, tampouco quere esta Constitución e o que queren é derrogala e deixala sen efecto".

Noticias web

06/12/2020