CRTVG

Buscar

O presuposto de Cultura medrará o dobre da media no 2020 con vistas ao Xacobeo

Publicado o 14/10/2019 14:18

O compromiso da Xunta coa preparación do Xacobeo 2021, di Feijóo, explicitarase nos orzamentos para o ano que vén que van presentar esta semana. A achega para Cultura e Turismo medrará o dobre da media. O presidente destaca o impacto económico do Camiño.

"Un peregrino xera un 11% máis de economía e un 20% máis de emprego que un turista convencional, e, ademais contribúe ao desenvolvento rural e a fixar poboación", explicou Feijóo.

Por cuarto Xacobeo consecutivo, Gadisa patrocinará este evento. Desta volta dedicará case un millón de euros a actividades culturais, como o Son do Camiño.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/10/2019