CRTVG

Buscar

Feijóo anuncia no Parlamento que será compatible percibir a RISGA con ter un traballo

Publicado o 05/12/2018 17:33

Coñecemos varias novidades esta mañá. Unha delas, non pequena, é que Galicia lle comunicou hoxe mesmo ao Ministerio de Facenda que abandona o Fondo de Financiamento do Estado e vai acudir aos mercados co fin de conseguir préstamos en mellores condicións. A outra, Alberto Núñez Feijóo dixo que o seu Goberno vai aprobar este mes un decreto para que sexa compatible percibir a RISGA con ter un traballo. 

O voceiro socialista propuxo un debate sobre desigualdades sociais

Fernández Leiceaga cre que aumentaron. Feijóo ofreceu datos contrarios a esa tese e recomendeulles aos concellos socialistas que gasten máis en política social e menos en bombillas.

Villares pide maior transparencia na comisión sanitaria

O voceiro de En Marea, Luís Villares, pediu máis transparencia na comisión de investigación sobre os recortes sanitarios. Feijóo lembra que foi posta en marcha pola oposición e logo a abandonou. E reprochoulle a Villares que fale de transparencia logo do que está acontecendo no seu propio partido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/12/2018