CRTVG

Buscar

Feijóo anima a unir o voto no PP para abir "unha nova época" en España

Publicado o 19/10/2019 19:26

Nun xantar mitin xunto aos candidatos ao Congreso e ao Senado por Pontevedra María Ramallo e Santiago Rodríguez, o presidente do Partido Popular de Galicia defendeu que gobernar é aprobar presupostos.

"Dende que chegou Sánchez ao Goberno na Xunta aprobamos tres orzamentos. Vostedes non me votaron para dividir a sociedade. Elixíronme para intentar manter Galicia canto máis unida e sólida, mellor".

Alberto Núñez Feijóo acusou a Sánchez de levar a España a un bloqueo inxustificado e animou a mudar a desgana por unhas novas eleccións en ganas de cambiar a situación política unindo o voto no PP.

"Temos unha posibilidade de cambiar ESpaña. Estamos obrigados a intentalo. Se xuntamos as nosas forzas democráticas haberá unha nova época".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/10/2019