CRTVG

Buscar

Feijóo agradécelle a Casado a súa visita a Alcoa e lembra que o estatuto electrointensivo fai a fábrica inviable

Publicado o 05/03/2020 19:53

Alberto Núñez Feijóo agradeceu a visita de Pablo Casado a Alcoa agora que o futuro da factoría parece inviable por mor do estatuto da industria electrointensiva que o Goberno Central pretende aplicar. Un goberno, subliña, do que forman parte os mesmos que antes se sumaban ás protestas dos traballadores nas portas do Congreso dos Deputados.

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia: "Co actual estatuto electrointensivo, que quere aprobar o goberno central, esa fábrica convértese nunha fábrica inviable. Non lle podo máis que agradecer ao presidente do partido (o PP) que estea en Alcoa. Eu lembro que había dirixentes que foran detidos por defender Alcoa, agora están no goberno; fíxese a gran diferenza e a gran contradición. Pois agora están no Goberno e están dicindo que agora todo vai ben, é dicir, que Alcoa se converta nunha empresa inviable é bo para Alcoa e para os traballadores; esa é a contradición".

Noticias web

05/03/2020