CRTVG

Buscar

Feijóo agarda que Goberno "saiba negociar" en Bruxelas as cotas de pesca

Publicado o 05/11/2019 14:24

En pouco máis dun mes Bruxelas decide a repartición das cotas de pescada. Alberto Núñez Feijóo pídelle ao Goberno central que defenda os intereses da frota galega Asegura que os informes que elaborou a Xunta e que xa lles trasladou ás administracións española e europea acreditan que non hai razóns científicas para reducir as capturas de pescada, xurelo, atún e cigala.

"Estamos ante unha situación que agardo que o Goberno central saiba negociar. Nunca é doado negociar con Bruxelas pero xa o fixemos con éxito e hoxe Galicia ten un 50% máis de cota da que tiña no 2011", afirma o presidente da Xunta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/11/2019