CRTVG

Buscar

Feijóo agarda que as listas do PP sirvan para darlle unha nova maioría de goberno "difícil pero posible"

Publicado o 28/02/2020 19:56

Alberto Núñez Feijóo espera que as listas dos Partido Popular sirvan para darlle unha nova maioría de goberno que cualifica de difícil pero posible. Foi nun acto de partido esta tarde en Vilalba. 

"Creo que imos ter unha boa lista, con xente moi potente e agardo que poidamos anunciala a partir do luns pola mañá", afirmou Feijóo. Tamén dixo que para o Partido Popular, Lugo era unha provincia clave para manter a maioría absoluta e asegurou que ían apostar pola lista que lle puidera aportar "alegrías" para consolidar non maioría absoluta que non considera fácil pero que di crer posible.

Noticias web

28/02/2020