CRTVG

Buscar

Feijóo advírtelle ao Goberno que Galicia non se conformará coa devolución de 330 millóns

Publicado o 04/10/2019 15:02

O Goberno ultima a fórmula para pagarlles ás comunidades parte dos cartos que lles debe, as chamadas entregas a conta, como anunciou Sánchez. Din no Ministerio de Facenda que o aprobarán en Consello de Ministros en canto sexa posible.

O Goberno dicía ata hai uns días que era ilegal pagarlles ás comunidades por estar en funcións e así o confirmaba por carta a semana pasada. Pero este mércores Sánchez anunciaba o contrario nun mitin en Valencia, que chegarán parte deses cartos antes das eleccións.

As comunidades gobernadas polo PP critican que só desbloqueen unha parte dos cartos e a utilización do tema en precampaña.

O pago das entregas á conta ten que aprobarse en Consello de Ministros e convalidarse na deputación permanente, sempre que a Avogacía do Estado dea o seu visto e prace. En Galicia supoñen 330 millóns do total de 700 que debe o Estado.

Feijóo matiza que non deben só 330 millóns, deben 700 e dille ao Goberno que os pague mañá mesmo no Consello de Ministros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/10/2019