CRTVG

Buscar

A Xunta sobe un 2 por cento o salario dos funcionarios

Publicado o 16/01/2020 14:59

Os gastos de persoal da Administración galega acada os 4.000 millóns. A Xunta ten actualmente uns 100.000 empregados públicos. Di Alberto Núñez Feijóo que é xusto recompensalos despois dos esforzos dos funcionarios durante a crise e avanza que verán incrementada a nómina dende xaneiro á marxe de cando o autorice o Goberno central.

"Temos os cartos preparados para subirlles a todos os empregados públicos da comunidade un 2% as súas retribucións. Autorice cando autorice o Goberno, os efectos serán dende o 1 de xaneiro", afirmou Feijóo.

O presidente explicou que este mes aplicararán outras melloras salariais pactadas para o Sergas, a Administración xeral, os docentes ou os funcionarios de Xustiza.

Feijóo asegurou que o seu Goberno, atendendo aos orzamentos de 2020, xa conta co diñeiro reservado para aplicar a subida do dous por cento polo que está á espera da "cobertura legal" por parte do Goberno para facer tamén efectivo este incremento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/01/2020