CRTVG

Buscar

Feijóo propón "unha especie de pasaporte covid" para facilitar as viaxes das persoas

Publicado o 28/07/2020 12:17
Feijóo propón "unha especie de pasaporte covid" para facilitar as viaxes das persoas

O presidente da Xunta de Galicia en funcións, Alberto Núñez Feijóo, considerou este martes "unha mala noticia" a corentena que impón o Reino Unido aos viaxeiros que chegan de España.

Ao preguntarlle nunha visita a un campamento en Bergondo (A Coruña), o presidente galego indicou que onte falou co embaixador británico, que lle trasladou que "sentía a noticia" porque Galicia era un dos "lugares máis seguros".

Feijóo pediulle, indicou, que valorase a situación das illas Baleares e das illas Canarias. "É unha decisión precipitada que está afectando o turismo español dunha forma moi dura en moitos casos", dixo.

"Paréceme difícil de explicar", dixo Feijóo sobre esta medida, argumentando que o Reino Unido ten unha situación epidemiolóxica peor.

Así, propuxo ter "unha especie de pasaporte covid" para facilitar a viaxe das persoas sas e evitar que circulen as infectadas, xa que "isto vai para longo".

Feijóo avogou por usar para iso sistemas informáticos e intelixencia artificial. "Debemos mellorar a nosa coordinación interna e a nosa imaxe fóra de España", sostivo.