CRTVG

Buscar

Fanse tres anos da desaparición e asasinato da moza madrileña

Publicado o 21/08/2019 13:55

O rastro de Diana Quer perdíase na madrugada do 22 de agosto de 2016, cando a moza , de 18 anos, regresaba á casa das festas da Pobra.

A Policía Xudicial toma o mando da investigación pero ata o mes de Outubro, cando un mariscador atopa o móbil de Diana baixo a ponte de Targoña, non empezana tratar o caso como unha desaparición forzada.

Entre os principais sospeitosos está José Enrique Abuín, o Chicle, un veciño da zona con pasado delituoso. Tras declarar como testemuña, Abuín ofrece unha coartada e o 19 de abril de 2017 o xulgado de instrución número 3 de Ribeira, arquiva o caso provisionalmente.

A comezos de xullo os investigadores, coa axuda dunha empresa extranxeira, logran desbloquear o móbil de Diana, obtendo información esencial sobre a desaparición. Os axentes xa non teñen ningunha dúbida sobre a culpabilidade de Enrique Abuín pero non teñen probas.

Tiveron que agardar ata o 26 de decembro para detelo. Unha moza identificouno despois de que intentara agredila en Boiro.
Nun primeiro momento, Abuín autoincúlpase da morte de Diana, pero di que foi un atropelo accidental. Na madrugada do 31 de decembro, 500 días despois da súa desaparición, o presunto asasino leva os axentes ata unha nave industrial abandonada, en Rianxo. Alí, somerxido nun pozo, localizan o corpo da moza madrileña.

Actualmente o presunto autor do crime está no cárcere da Lama á espera dun xuízo para o que xa hai data: comezará o vindeiro 29 de outubro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/08/2019