CRTVG

Buscar

Fandicosta estrea nova nave tres anos despois do incendio que arrasara a factoría

Publicado o 23/01/2019 19:11

Vanse cumprir tres anos do voraz incendio que, en maio de 2016, arrasaba coa factoría da empresa frigorífica Fandicosta, na parroquia de Domaio, en Moaña. As lapas reducían a cinsas 10.000 metros cadrados das súas instalacións produtivas, a metade delas. O lume, orixinado nun curtocircuíto, e que non causou vítimas, tardou catro horas en ser controlado.

E esta é a imaxe hoxe. Case tres anos despois, Fandicosta renaceu das súas cinsas. Cun investimento de 25 millóns de euros, a compañía remodelou as súas instalacións e foi quen de recuperar os seus volumes de ingresos.

Noticias web

23/01/2019