CRTVG

Buscar

Falsas alarmas na busca dos mozos desaparecidos en Porto do Son

Publicado o 17/07/2020 09:06

As últimas foron horas de confusión na busca dos dous mozos de Porto do Son. Correuse a voz de que apareceran, pero finalmente todo foron falsas alarmas. Foron horas de desacougo para as familias.

Saltaron dúas alarmas: primeiro apareceu unha chancleta que se lle deu a un dos familiares para que a identificase. Iniciamente non a recoñeceu como propia de ningún dos mozos.

Tamén saltaron as alarmas cando un helicóptero de salvamento estaba facendo uns labores de adestramento rutineiros. Iso levou á confusión e a pensar que talvez se localizara algún dos corpos.

 

Noticias web

17/07/2020