CRTVG

Buscar

Falecen outras oito persoas e a cifra de mortos nos hospitais galegos ascende a 182

Publicado o 05/04/2020 13:22

• Un total de 587 persoas xa foron dadas de alta

Falecen outras oito persoas e a cifra de mortos nos hospitais galegos ascende a 182

Os últimos datos rexistrados en Galicia, de vítimas diagnosticadas de coronavirus, dan conta do falecemento de oito persoas.

Son un varón e unha muller de 92 e 86 anos que estaban ingresados no HULA, unha muller de 84 ingresada no Complexo Hospitalario de Ourense; un varón de 90 ingresado no hospital da Rosaleda en Santiago de Compostela; un varón de 92 ingresado nesta mesma cidade, no CHUS; un varón de 78 ingresado no Complexo Hospitalario da Coruña e outras dúas persoas, unha muller en un home de 85 e 86 ingresados no hospital Álvaro Cunqueiro.

Todos os finados tiñan patoloxías previas. Con estes datos, a cifra de falecidos con coronavirus nos hospitais da comunidade galega ascende a 182 persoas desde que se iniciou a crise. 

A domingo 5 de abril de 2020, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.175, deles 1.058 son da área da Coruña, 555 da de Lugo, 921 da de Ourense, 444 da de Pontevedra, 1.075 da área de Vigo, 816 da de Santiago, e 306 da de Ferrol. 

Do total de pacientes positivos, 169 permanecen en UCI, 893 están en unidades de hospitalización e 4.113 nos seus domicilios. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 587 altas de pacientes e 182 falecementos.