CRTVG

Buscar

Falecen dúas persoas en Muxía e Santiago por accidentes de tráfico

Publicado o 03/10/2020 09:21

Na noite do venres ao sábado faleceron dúas persoas en senllos accidentes de tráfico acontecidos en Muxía e en Santiago de Compostela.

O máis grave sucedeu na parroquia de Marrozos, preto de Compostela, sobre a unha e media desta mañá. Segundo os primeiros indicios, un turismo que circulaba por un carril de adiantamento perdía o control e invadía a calzada polo lado da dirección contraria. O coche bateu contra outro turismo, guiado por un home de 53 anos, que pereceu no acto.

O condutor do primeiro vehículo tivo que ser excarcerado e trasladado ao complexo hospitalario de Santiago con diversos traumatismos pero consciente. A Garda Civil de Tráfico investiga se a choiva e un exceso de velocidade poden estar detrás do sinistro.

Noticias web

03/10/2020