Falece unha veciña de Vigo nun accidente de tráfico en Nigrán
Publicado o 21/09/2020 08:11
Accidente mortal en Nigrán. A vítima é unha veciña de Vigo de 30 anos. Perdeu o control do coche, saíu da estrada e levou por diante varios sinais, ata bater de fronte contra unha parede. O turismo quedou desfeito, partido por un poste, e os bombeiros tiveron que sacar o corpo de entre a ferraxe.
Foi o único accidente mortal aquí en Galicia durante a fin de semana.