Falece unha persoa nun accidente de tráfico en Allariz
Publicado o 03/01/2021 17:47

Un accidente nunha rotonda da OU-525 ao seu paso por Allariz deixa unha vítima mortal, un home de 96 anos.
O suceso tivo lugar arredor das 16:30 desta tarde. O coche foise da vía e impactou contra un poste da luz. Acabou envorcado nun noiro a varios metros.
Cando chegaron os servizos de emerxencias, o ancián xa estaba falecido. Os bombeiros tiveron que excarcerar o corpo do condutor, o único ocupante do vehículo.
A Garda Civil de Tráfico investiga o acontecido, se se trata dun accidente orixinado por un despiste ao saír da rotonda ou se previamente sufriu unha indisposición. O falecido era de Xunqueira de Ambía.