CRTVG

Buscar

Falece unha persoa e outra resulta ferida nun accidente en Vila de Cruces

Publicado o 15/02/2020 21:22
Falece unha persoa e outra resulta ferida nun accidente en Vila de Cruces

O temporal está a  dificultar a circulacion nas estradas, especialmente nas zonas do litoral e nas zonas altas. No alto do Cumeiro, en Vila de Cruces, rexistrábase esta noitiña un accidente grave. Unha persoa morreu e outra quedou ferida de consideración tras a colisión de dous vehículos.

Os ocupantes quedaron atrapados e os equipos de emerxencias traballan no lugar do accidente. O ferido é un menor, de 12 anos, e o falecido é o seu pai, que conducía unha furgoneta que bateu cun todoterreo. Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros do Deza, Urxencias Sanitarias, Protección Civil e a Garda Civil. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí