CRTVG

Buscar

Unha persoa morta e dúas feridas ao caer cun coche a un regato na Cañiza

Publicado o 25/07/2020 21:46

Unha moza morreu e outras dúas quedaron atrapadas nun coche que caeu a un regato desde a ponte de Regueira do Aceval. Ao lugar desprazáronse unidades de Emerxencias Sanitarias de Galicia, bombeiros de Ponteareas e do Baixo Miño e axentes da Garda Civil.

As tarefas de rescate foron complicadas polo dificil acceso ao vehículo. No coche viaxaban 3 mozas viguesas de 31 anos.

O vehículo saiu da estrada no lugar coñecido como o Pozo Negro sobre as 5 da tarde. Estiveron case dúas horas berrando para pedir auxilio ata que as escoitaron unha familia que pasaba pola zona  e avisou ao 112. A falecida é a moza que ía na parte traseira. A condutora e a acompañante foron trasladadas hai uns minutos ao hospital Alvaro Cunqueiro.