Falece unha muller tras sufrir un accidente co seu tractor en Cabana de Bergantiños
Publicado o 06/08/2019 19:51

Unha muller de 76 anos morreu esta tarde tras envorcar o tractor que conducía cando se dirixía cara á súa casa na parroquia de Guntíns.
Debido á gravidade do accidente, os servizos sanitarios de urxencia desprazados ao lugar mobilizaron un helicóptero medicalizado que non puido aterrar debido á néboa.
Por agora non transcenderon as circunstancias en que se produciu este sinistro.
Máis sobre Galicia
16/01/2021 10:52
15/01/2021 22:36