Falece unha muller tras ser atropelada en Marín
Publicado o 18/06/2020 14:17
Atropelo mortal en pleno centro urbano de Marín, na rúa Concepción Arenal. A vítima é unha veciña do barrio de Cantodarea, de 42 anos. Ao parecer, intentaba cruzar a rúa entre dous vehículos que estaban estacionados cando foi collida por un taxi. O suceso causou gran conmoción na zona.
Segundo informa o 112, ata o lugar desprazouse un equipo do 061 e axentes da Policía Local.
#AXEGAInforma dunha muller que perdeu a vida tras ser alcanzada por un vehículo na Rúa Concepción Arenal, en Marín. No punto está un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da #PolicíaLocal para coñecer todos os detalles deste suceso. pic.twitter.com/YUvqTX98CS
— 112Galicia (@112Galicia) June 18, 2020