Falece unha muller ao caer co seu vehículo dende o garaxe ao baleiro en Celanova
Unha muller de 86 anos faleceu ao precipitarse o coche no que ía á rúa dende o garaxe dun edificio. Aconteceu no centro da vila contra as sete da tarde.
A vítima, veciña de Celanova, quedou atrapada no interior do vehículo. Ata o lugar trasladáronse varias unidades de bombeiros así como o helicóptero medicalizado aínda que non se puido facer nada por salvarlle vida.
A Garda Civil investiga as circunstancias que motivaron o accidente. Polo momento non se sabe se a muller, de avanzada idade, sufriu algunha indisposición antes do sinistro ou ben foi un erro o que provocou que o coche acabara atravesando a parede de ladrillo do garaxe e caendo á rúa.
#AXEGAInforma dunha persoa falecida despois de caer á rúa co seu vehículo desde un primeiro andar dun garaxe en Celanova. Informouse ao persoal sanitario, que mobilizou ao helicóptero medicalizado. Os bombeiros excarceraron á vítima.
— 112Galicia (@112Galicia) May 15, 2020
Máis información: https://t.co/OOzU624T11 pic.twitter.com/uHrHHhjVa6