CRTVG

Buscar

Falece unha muller na praia da Concha, en Ortigueira

Publicado o 18/07/2019 20:12

Nesa zona tamén buscan un mozo de 28 anos que desapareceu no festival de música celta

Falece unha muller na praia da Concha, en Ortigueira

Unha muller faleceu esta tarde tras ser rescatada na praia da Concha, en Ortigueira (A Coruña). O 112 anunciou que o suceso ocorreu arredor das 18:30 horas, cando varias persoas pediron asistencia tras rescatar a vitima da auga, indicando que se atopaba inconsciente. O persoal sanitario non puido facer nada por salvar a vida desta persoa.

Nesa zona tamén buscan un mozo de 28 anos que desapareceu no Festival de Ortigueira. Chámase Yago de la Puente, é da Coruña e non se sabe nada del dende hai 4 días. Mide cerca de 1,90 e ten varias tatuaxes nos brazos e nas pernas. É sobriño do que fora xogador do Deportivo Jaime Agulló. 




Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí