CRTVG

Buscar

Falece unha muller en Viveiro tras caer dende un segundo andar a un patio interior

Publicado o 19/07/2019 13:53
Falece unha muller en Viveiro tras caer dende un segundo andar a un patio interior

Unha muller faleceu na mañá deste venres no municipio lugués de Viveiro tras precipitarse desde un segundo piso a un patio interior.

Segundo informou o CIAE 112-Galicia a Europa Press, o suceso ocorreu sobre as 9,30 horas da mañá nunha vivenda da avenida de Ferrol, cando varias persoas alertaron da caída dunha muller ao patio interior do edificio.

Ata o lugar do suceso desprazáronse os bombeiros, que accederon á zona a través doutra vivenda e rescataron a muller, de idade avanzada, segundo indicaron. A vítima foi asistida polo 061, pero non puideron facer nada por salvar a súa vida. No operativo participaron tamén axentes da Policía Nacional, da Policía Local e de Protección Civil.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/07/2019