CRTVG

Buscar

Falece unha moza nun accidente de tráfico en Arca

Publicado o 08/12/2019 11:23
Falece unha moza nun accidente de tráfico en Arca

Unha moza de 20 anos faleceu esta noite nun accidente de tráfico rexistrado no límite entre os concellos coruñeses do Pino e Touro. O sinistro produciuse moi preto da discoteca Dona Dana ao irse da vía o turismo pola marxe esquerda, chocar contra o quitamedos e acabar envorcando. O turismo viaxaban tres persoas, o condutor e dúas mozas.

A falecida viaxaba nun dos asentos traseiros e quedou atrapada, polo que tivo que ser excarcerada polos bombeiros de Arzúa. A outra rapaza, que viaxaba no asento do copiloto, foi trasladada ao hospital con feridas leves. O sinistro puido deberse ás condicións meteorolóxicas, xa que no momento de perder o condutor o control do turismo chovía e había unha néboa mesta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí