CRTVG

Buscar

Falece un veciño de 75 anos das Nogais tras ser picado polas abellas

Publicado o 17/06/2019 20:22

Un veciño do concello lugués das Nogais, de 75 anos, morreu tras ser picado polas abellas nas inmediacións do pazo de Doncos. A vítima permaneceu en parada 25 minutos, aínda que recuperou o pulso cando os sanitarios lle practicaron unha reanimación cardiopulmonar. Foi trasladado en helicóptero, en estado moi grave, ao hospital Lucus Augusti de Lugo, onde finalmente faleceu.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/06/2019